Cando volvo os ollos cara ó pasado e penso en todos estes anos que levo dedicados á maxia, hai veces que me pregunto quén son eu. Cos anos cheguei a converterme nun mago de verdade. Mais na maxia o tempo non existe. O pasado, o presente mailo futuro habitan fóra de nós.
Eu recibín os meus poderes de Merlín e heillos pasar no seu momento a quen me deba suceder. A maxia é unha substancia de liberdade que se reencarna en homes e mulleres de distintas épocas e lugares afastados. ¿Quen son eu nesa longa cadea? A penas un nome e un rostro, por tras dos cales tomaron vida os poderes e os soños de Merlín.
2002
2020


Este é o ano do lanzamento mundial da tenda virtual magoantón.com . As tendas de maxia máis prestixiosas comercializan entre os magos de todo o mundo os xogos da miña creación.