
Ano xacobeo. Unha vez máis preparo unha montaxe para a ocasión. Maxia de cerca no Magomóbil: "O romance do conde de Cagliostro". Percorro con esta producción as máis importantes localidades dos distintos camiños de peregrinaxe a Compostela.
| 1999 |
|
2000-01
|
Dous anos dedicados á producción e posterior distribución doutro dos meus
espectáculos de grandes efectos máxicos: "2001 ilusións". Outra vez a maxia
e o teatro e a volta ós escenarios abertos como na primeira etapa de "Merlín
e Familia". Esta montaxe fai un percorrido pola historia de humanidade a
través da maxia. O meu personaxe Facundo cobra de novo protagonismo e convértese
en mestre de cerimonias do espéctaculo.
No 2001 estou de xira por Galicia adiante con "2001 ilusións" e , ó tempo, inicio unha etapa de colaboración coa Industria farmaceútica Sankyo. É a miña primeira experiencia profesional no mundo da empresa. Deseño expresamente xogos e efectos máxicos para potenciar publicitariamente os productos deste laboratorio.