"Produccións máxicas"
entrégalle o testemuño á nova empresa "Creacións máxicas". Traballo a maxia
de cerca nun espectáculo chamado Insólito por Antonomaxia, do que xorde unha
nova triloxía: a Volta a Galicia en 365 días, a Volta a Galicia con 265 maxias
e a Volta a Galicia en 365 escolas. Estes espectáculos represéntanse nun vehículo
especial, o "magomóbil", que ten capacidade para 70 espectadores, cinco funcións
diarias e a máis avanzada tecnoloxía ó servicio da maxia, que se fai a medio
metro de distancia. As mans, o sorriso e a comunicación son os meus mellores
aliados. As cartas dunha baralla toman vida, xogan, falan, aparécense, transfórmanse
e levitan nas miñas mans.
| 1995 |
 |
| 1996/98 |
 |
|
|
|
|
"Creacións máxicas"
monta un espectáculo de grandes ilusións chamado Fugas e soños. É
unha antoloxía de xogos que fixen en vinte anos dedicados á maxia.
É unha volta ás orixes, un reencontro co público en prazas e festas,
ó aire libre.
No ano 1998 entro
temporalmente no mundo da música clásica e presento en colaboración
coa Orquestra Sinfónica de Galicia o espectáculo "En clave de maxia":
Maxia e didáctica musical para un público infantil e xuvenil.
|
|