O 2 de decembro. Este día merece mención á parte: estiven a piques de morrer afogado nun acuario de 1.000 litros de auga cando recreaba un dos máis espectaculares xogos do escapismo que fixeran famoso ó gran Houdini.
Sacáronme daquela maneira ós 3 minutos e 35 segundos. Entón fixen unha promesa: tería que peregrinar a Compostela e debíao facer cun grande espectáculo. Botei dous longos anos peregrinando polos despachos oficiais. Pero o desexo era tan forte que nada por aquí, nada por alí... ¡hop!
1990
1993
 

Via Láctea, un espectáculo multimedia onde a literatura, o cinema interactivo, a música, o teatro e a maxia se deron as mans nunha carpa de 2.000 metros cadrados, tres grandes escenarios, tecnoloxía láser e miles de watios de luz e son para contar unha historia do Camiño que emocionou e sorprendeu a máis de 50.000 persoas. O día da estrea en Santiago de Compostela, cando o pano caeu, eu chorei. Cumprira a miña promesa. O "Consorcio da cidade de Santiago" e "Produccións máxicas" contribuíran a facer realidade o meu soño.