Nace a empresa "Produccións máxicas", que fai aparecer por arte de maxia unha infraestructura autónoma de 60 metros cadrados de escenario, camión, grupo electróxeno, equipo de luces e son, etc.
Comeza unha nova etapa coa producción do espectáculo Merlín e familia, que obedece á necesidade de adaptarse ó medio. É a maxia das grandes ilusións (aparicións, desaparicións, transformacións, levitacións, escapismo, ventriloquía...) no corazón de máis de 150 festas ó aire libre.
1985/88
1989
 

Déronme o título de "Lucense do ano". Agora xa non poden dicir que son de Bagdad ou da China. "Producción máxicas" quita da chistera unha tensoestructura (ou unha carpa, para falar máis clásico) de 1.500 metros cadrados, con capacidade para 1.500 persoas, 100 metros cadrados de escenario, tres tráilers e unha versión nova e máis teatral de Merlín e familia, que incorpora algúns xogos moi espectaculares: A serra de Goldin, O escape do acuario... e moitos efectos que todo o país tivo ocasión de ver na TVG nun programa especial de maxia emitido o 25 do nadal.