Alguén naceu nunha maleta. Chámase Facundo. Unha velliña dixo del: "¡Aínda temos que darlle gracias a Deus por sermos como somos!". O Facundo é un homiño que fala, pensa, discute, rebélase e sempre responde en por si. Cando se lle pregunta e cando non se lle pregunta.
1977
1980
Ás veces teño a sensación de que el é o ventrílocuo e eu son o seu boneco. Soñaba con vivir de ilusións. Espertei e fíxenme profesional da maxia. O Facundo obtén unha mención especial nos Premios da Crítica de Galicia. Cando recolleu o premio, o seu discurso de agradecemento foi moi breve: nada máis tiña unha palabra; eso si, bastante longa: ¡Tranquilidá !
Foron anos de aprendizaxe. A maxia era coma unha relixión. Máis de 600 actuacións en Galicia. Presenteime tamén en Madrid, Suíza, Holanda, Portugal, Cataluña, Euskadi... Fixen maxia de cerca en pubs e restaurantes. Traballei a maxia da comunicación nun dos escenarios máis auténticos que coñezo: as festas populares. Estudiei na Escola Máxica de Madrid. Presenteime en congresos internacionais en Madrid, Estados Unidos e varios países de Europa. Canalicei as miñas propias creacións a través da firma comercial "Os xogos do raposo". Magos de recoñecido prestixio afirman nas revistas especializadas que as miñas creacións están na vangarda da maxia en Europa e no mundo. O xogo do polbo, A ra adiviña, O xogo da moa, A praga do faraón e outros moitos efectos sorprenderon ós magos máis esixentes.
Esta etapa deixou en min un pouso creativo que marcou o futuro da miña vida artística.