DE SOL A SOL. COUSAS
DA MAXIA E DOS MAGOS
Por ANTÓN GALOCHA
A Voz de Galicia Sábado, 25 de Septembro de 1993
Untitled Document
Esto es la reproducción exacta de algunos de los recortes de Prensa, tal y como salieron en su día en cada uno de los periódicos y revistas. Las palabras aunque transcristas desde el periódico lo hacen fielmente a lo que fueron.

Onte
á noite empecei a dubidar dun amigo que, ademáis de divertido, sempre crin inofensivo.
Eu estaba convencido de que o Mago Antón non era tal. Era soamente un rapaz
de mans espabiladas ó que a práctica lle permitía realizar unha serie de xirigonzas
que ós que o arrodeaban lles parecían o resultado dos misteriosos poderes dos
que fora dotado. Eu sabía que eses poderes non existen.
Había, xaora, algúns crédulos. Pero a pesar do seu renome como homes de letras,
non eran moito de fiar: xa saben vostedes que os poetas, poño por caso, son
moi dados a crer en fadas ou en maleficios, en fantasías varias. Pouco lle podía
custar, xa que logo, ó amigo Darío Xohán Cabana crer nos incribles resultados
da sabencia do mago.
Eu estaba, insisto, entre os incrédulos. Sofrín un acoso importante cando vin
ó Mago Antón, durante a gravación do seu anterior espectáculo para televisión,
na miña terque convicción. Daquela vin os nenos divertirse vendo ó mago operar
trucos de dificultade máxima: para eles aquelo era o de tódolos días. ¿Quén
podía supera-lo coche fantástico, por exemplo?.
Daquela empecei a dubidar para min, pero nin fun capaz de confesarmo a min mesmo.
Onte á noite eu desexei ser mago e te-los poderes do mago. Convencido durante
moitos anos de que eu me trataba cun rapaz habilidoso e tirado para diante,
empeñado en montar unha empresa de maxia nun país no que a subsistencia de calquera
empresa parece precisamente cousa de maxia, onte á noite vin diante min ó Mago
e pilleille unha chea de respeto. Os meus fillos, empeñados en convida-lo Antón
a comer na casa, abríronme os ollos. Eles saben que a maxia existe e queren
compartir alomenos o espacio co Mago, para ver se algo se lles trasmite. Seguramente
cando eu volva atopa-lo Antón, todo será distinto. Xa nin saberei que lle dicir,
porque , ¿cómo se lle fala a un mago?.