O IMPREVISIBLE PODER DO ANTÓN Por Xosé A. Neira Cruz
A Voz de Galicia Domingo, 29 de agosto de 1993

Untitled Document

Esto es la reproducción exacta de algunos de los recortes de Prensa, tal y como salieron en su día en cada uno de los periódicos y revistas. Las palabras aunque transcristas desde el periódico lo hacen fielmente a lo que fueron.
   
O realmente especial dese gran señor chamado Antón López non é o feito de que sexa mago. Iso, francamente, resulta xa tan inherente a el coma unha segunda pel que teima en desvestir para dicir, sinxelamente, que el, en realidade, non é efectivamente máxico no sentido máis marabilloso da palabra. Tan máxico que só el, e quizais uns poucos pouquiños máis coma el, son quen de face-lo que fan.

Por exemplo: é que de inza-las nosas cidades e vilas de letreiros na nosa lingua. Eso, dádo-los tempos que corren, non me poden negar que é pura maxia. Case diría que é milagre do Señor Santiago.

E por riba ese cabaleiro andante con carpa e acuario vai e consegue sque os nosos nenos recuperen por uns minutos, se cadra durante a hora e media do seu espectáculo -e xa é moito dicir-, o desexo de querer ser precisamente o mago Antón, e non o Mc Giver ou o Spiderman de turno. Eso, francamente, xa é grandioso, incrible, de maxia potaxia da boa, e sobre todo, digno dunha medalla Castelao especial e do premio á defensa da lingua.

Pero aínda hai máis. O Antón, que ademais de mago é pereguino, ven e consegue aunar no seu espectáculo a música, a poesía e, en definitiva, a creatividade que esta terra é quen de parir con selo propio, sen etiquetas de fóra. Velaí o mellor de todo, o que realmente emociona.

Con estes antecedentes como cartas de presentación, o Antón debería facerse cargo de contado da Dirección Xeral de Política Lingüística, e mesmo de toda a Consellería de Cultura. A ver se nos amaña a desfeita, que boa falta fai ser mago para iso.

Claro que o Antón -a quen, por certo, non teño o gusto de coñecer en plan cotián e terrestre- seguro que non está polo labor de descender á prosa da política. Pero sempre queda a posibilidade dunha intervención indirecta. Pénsao, mago Antón.