O MAGO QUE RIFA COS
OLLOS DE MAMÁ Por
Rober G. Méndez
EL CORREO GALLEGO,
Compostela 93
Untitled Document
Esto es la reproducción exacta de algunos de los recortes de Prensa, tal y como salieron en su día en cada uno de los periódicos y revistas. Las palabras aunque transcristas desde el periódico lo hacen fielmente a lo que fueron.

Para
deixar de fumar, por exemplo, quítacho, agáchao, abre a man e xa non fumas,
xa cres na maxia antes de prender outro cigarro, dubídalo e daquela adivínache
o nome, dispara a carta que ti penses e rompe en mil anacos a lóxica de Hacenda,
dos billetes, das cantidades nun puño.
Se te resistes á nenez de non buscar explicacións -non o fagas, que a verdade
é iso- os seus ollos rífanche como máma cando dicías que chocolate non, que
mellor un pasteliño dos que levan cromo, coa pouca maxia que isto ten. Antón,
o mago, é como Tolito, aínda que eu non coñecín xamáis a Tolito.
Tiña Tolito un dado e unha pomba, din, e subíase ós trens cando na estación
non había ninguén. O mago non viaxa moito no tren, creo, porque non ten dado
nin pomba, pero cando queres miralo xa non o ves e por iso non estou moi seguro
de que non se vaia en tren, porque podería ser.
Se non o ves non podes decilo a ciencia certa, iso enténdese, e así é como a
maxia, que tamén é incerta, ou sexa, Antón, o mago, e maxia son incertos. Antón,
Maxia, o mago, que non sabes se marcha en tren. Así que non debe ser como Tolito
nin como os pasteliños con cromo, deduzo eu, porque estas cousas teñen menos
maxia e Antón o mago rifa cos ollos de mamá, que eses si que eran máxicos cando
a merenda.
O que máis sinto é non saber onde está o mago -Antón, xa dixen-, nin se se foi
en tren ou non. Ao mellor dóelle a moa, unha que non ten e que xa ten en canto
move así as mans, facédevos unha idea. Como é maxia non se explica, coma o pan
con chocolate. ¿Saberíades explicar o do pan con chocolate?.
Se eu estivese nin sequera o intentaría. Xa non o intento, pero porque non estou,
porque a saber onde habemos de estar o mago Antón e máis eu.