Magic Multimedia CD Rom by Antón López Por Kevin James
Revista Magic

Untitled Document

Esto es la reproducción exacta de algunos de los recortes de Prensa, tal y como salieron en su día en cada uno de los periódicos y revistas. Las palabras aunque transcristas desde el periódico lo hacen fielmente a lo que fueron.
   
"Antón López é o segredo mellor gardado de España. Este rapaz é un xenio. Coñecín a Antón en París e deixoume completamente K.O. coa súa marabillosa maneira de pensar co lado esquerdo do cerebro. Estou encantado de producir este efecto punteiro orixinal de Antón.

Imaxina por un momento...

Este CD permíteche que coloques a cara dun espectador nunha carta. E queda efectivamente impresa na carta. Quédanse con ela de recordo e lembraranse de ti toda a súa vida.

Supoñamos que estás nunha festa e pides a Bob que elixa unha carta. Realizas a túa rutina de ambiciosa favorita, bordándoa, atrévome a engadir, ó remate da rutina pregúntaslle a Bob ¿Non se asemella esta carta un pouco a ti? Bob di "Non". Amosas a carta a outro espectador e repíteslle a pregunta... E el respóndeche que si. Daslle a carta a Bob e a súa cara está impresa na carta.

Faltáronme palabras para explicar como se sente o espectador. Antón fíxomo e o único que eu quería era amosar a carta a todo o mundo. Perfecto para actuacións de empresa, ¡oh, raio!... é perfecto para todas as situacións dende o cumpreanos do neno ata a ECO.

¡É un novo xeito de pensar! ¡É a maxia do futuro!

O CD contén ademais unha morea de outras ideas completamente tolas. A miña favorita é a cámara Polaroid que fai fotos de raios X. Unha idea sinxelamente brillante e... utiliza a mesma tecnoloxía.

Ven en inglés e español e tamén ven o E-mail do inventor para calquer sevicio ou correspondencia.

Para realizar este efecto fai falta certo material informático, pero, dende logo o efecto váleo. Soamente PC. Síntoo non vale para Mac... (6.500 Ptas.)