"La Voz de Galicia"
13-10-1990
Por
ALFREDO CONDE
Untitled Document
Esto es la reproducción exacta de algunos de los recortes de Prensa, tal y como salieron en su día en cada uno de los periódicos y revistas. Las palabras aunque transcristas desde el periódico lo hacen fielmente a lo que fueron.

"O
Mago Antón é exepcionalmente bo. Non é que abraien os números que fai. Algúns
deles, outros non, xa se viron facer noutras ocasións. O que abraia é a perfección
coa que os realiza. A pureza que se deriva de todo o espectáculo, a diafanidade
global da súa arte. Cando en cousa de fraccións de segundos, e isto si que eu
non o vira nunca, pasa de estar no escenario a facelo no cumio da carpa sen
que un o vira nin tan siquera voar, chégase a crer que Merlín realmente lle
delegou poderes.
¿Direi aquelo de "si o Mago Antón non fose de Lugo... e viñera... e acontecera..."?
Pois non o digo, por propia dignidade, pero quero deixar constancia do meu convencemento
de que é un dos grandes na súa arte; a miña certeza de que aquela xente que
o veu actuar nos cuarenta lugares de Galicia nos que o fixo, presenciaron un
espectáculo que dificilmente va poder ver superado por outro... agás que Antón
volva de xira por Galicia".